Presenza galega na Feira do Libro de Frankfurt

Redacción

A Feira Internacional do Libro de Frankfurt se celebra desde o 14 ao 18 de outubro nesta cidade alemá e ten este ano como país invitado de honor a China. A Feira Internacional do Libro de Frankfurt é o evento editorial europeo máis importante. Os temas de actualidade no mundo editorial cobran importancia nos talleres, conferencias e seminarios. Cuestións como cales son os modelo de negocio futuros na edición ou como fará diñeiro esta industria na era dixital son algúns dos temas a debate que marcarán o devir da industria e nos que Galicia estará presente.

A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, promove a presenza da actividade intelectual e editorial nun dos escaparates máis importantes do mundo, a Feira Internacional do Libro de Frankfurt a través da instalación dun stand de máis de 70 metros compartido coa Asociación Galega de Editores, no que 24 editoriais da comunidade galega poidan ofrecer os seus produtos, realizar intercambios de dereitos no máis alto nivel e manter o diálogo con empresas e profesionais do ramo no plano internacional.

Tras a presenza na Feira Internacional de Líber-Madrid, a meirande plataforma de negocio da industria editorial española onde tamén se deron cita escritores da talla de Luisa Castro, Carlos Reigosa, María Canosa ou Xosé Carlos Caneiro, as distintas editoriais galegas, que asisten da man da Asociación Galega de Editores, desprázanse agora ata Frankfurt para centrar a súa actividade en reunións e sesións de traballo con outros editores, escritores e distribuidores a nivel internacional para alcanzar acordos de cara o novo exercicio 2009-2010.

O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López Rodríguez, viaxará mañá venres á Feira Internacional do Libro de Frankfurt para asistir, entre outros actos, á mesa redonda sobre Proxección da literatura galega no exterior onde participarán os escritores galegos.

16 de out. de 2009

0 comentários :

Danos a túa opinión