Xénero e documentación

Redacción

Xa se pode consultar en liña a publicación interactiva Xénero e documentación. Unha ferramenta de achega ao tratamento documental , un recurso promovido pola Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega que ten como obxectivo ser un mecanismo áxil e adaptable ás necesidades e intereses das usuarias e usuarios do mesmo. Nel recóllense os materiais compilados ao abeiro das xornadas Xénero e Documentación, que se celebraron no Consello os días 21 e 22 de xuño de 2007, e ofrécese a posiblidade de consultar en texto e en audio cada unha das ponencias, que nos aproximan ao tratamento da información desde perspectivas de xénero e/ ou feministas.

Pica aquí para acceder ao recurso.

12 de out. de 2009

0 comentários :

Danos a túa opinión