AchegArte é a feira da cultura que facemos, da cultura que queremos. Terá lugar na Coruña -en Palexco e no Kiosko Alfonso- os días 28 e 29 de novembro, e ofrecerá os seguintes contidos:
Ponte en contacto a través de cultura@coruna.es
- Exposición e venda: sector audiovisual, asociacións culturais, software libre e empresas de xestión cultural, editoras, librarías, produtoras discográficas e axencias de representación, galerías de arte. As actuacións de música e artes escénicas alternaranse cos actos literarios e os obradoiros.
- Sala de proxeccións.
- Espazo musical para actuacións de pequeno formato de escolas de música públicas e privadas.
- Espazo de música e artes escénicas.
- Espazos para actos literarios e obradoiros.
- Aula de portátiles con wifi.
- Espazos para obradoiros.
- Espazo para actuacións de danza.
- Mesas de traballo sobre o estado da cuestión da Cultura galega. Cada mesa será moderada por unha persoa e outra encargarase de recoller por escrito unhas breves conclusións tiradas ao final da sesión. As conclusións serán publicadas neste mesmo blogue na semana posterior á celebración de AchegArte.
- Mesa da música: músicos, discográficas, empresas de representación, programadores e toda persoa interesada.
- Mesa edición e literatura: autores, editores, libreiros, distribuidores e toda persoa interesada.
- Mesa artes escénicas: intérpretes, directores, autores, produtores, compañías, programadores e toda persoa interesada.
- Mesa programación cultural: programadores, salas, empresas de xestión cultural, técnicos de concellos, asociacións culturais e toda persoa interesada.
- Mesa software libre: asociacións, colectivos, empresas e toda persoa interesada.
- Mesa audiovisual: creadores, produtoras, distribuidoras, programadores e toda persoa interesada.
- Secretaría e información.
- Sala de prensa.
- Reparto publi dentro e fóra de Palexco (programa de actividades)
- Coordinación sala proxeccións.
- Coordinación entradas e saídas escenario.
- Coordinación comezo e final obradoiros.
- Coordinación de salas.
- Levantar acta de cada mesa de traballo.
- Coordinación de voluntarios.
Ponte en contacto a través de cultura@coruna.es
0 comentários :
Danos a túa opinión