O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo inaugurou onte no Hostal dos Reis Católicos o ciclo de actividades non médicas Aula Aberta e Xoves Culturais da Fundación A Rosaleda co relatorio '2010: unha oportunidade para Galicia', sendo presentado polo expresidente do Executivo Autonómico, o Dr. Xerardo Fernández Albor.
Na súa conferencia, Feijóo puxo o acento na efeméride xubilar que arrincará en mes e medio, sinalando que "cando o sector turístico está a pasar por malos momentos, contar coa marca Xacobeo é para Galicia unha oportunidade extraordinaria de seguir incrementando ou número de visitantes". Ademáis amosou o seu convencemento de que o 2010 será o ano do "inicio da recuperación" da economía galega tras unha "intensa crise " e que, coa aprobación dos presupostos para o próximo exercicio comezará un camiño cara unha Galicia "o máis parecida posíbel a unha cidade única, unha Galicia global". A cita do próximo curso servirá de trampolín para un sector "en crecemento" que, ademais, "terá moito que achegar nos vindeiros anos á xeración de riqueza e emprego en Galicia". Para logralo, o mandatario galego precisou que a Xunta vai fortalecer o tecido produtivo e asegurou que o seu Goberno vai traballar para lograr un país "conectado entre si e co resto de España e de Europa", que sexa "competitivo e aberto". Repasando os eixos de actuación do seu gabinete, lembrou a súa intención de construír un tecido produtivo "competitivo" e "aberto", capaz de exercer "un liderado en determinados sectores estratéxicos". Referiuse, así mesmo, á necesidade de promover un desenvolvemento sustentable, e á importancia da educación, a sanidade e os servizos sociais. Feixóo fixo referencia tamén á necesidade de estabelecer un modelo de desenvolvemento "sostíbel" e de construír un sistema educativo "estimulante, rigoroso e trilingüe," que sexa capaz de "sacar o mellor da xuventude". Así mesmo, apostou polo "equilibrio territorial". “Queremos unha Galicia”, asegurou, “na que contar con tres universidades non sexa máis sinónimo de localismos e duplicidades, senon de vangarda investigadora e de liderado na innovación" e na que dispoñer de tres aeroportos non debe conducir a "loitas internas, senón a alcanzar un maior número de destinos".
Ademais do numeroso auditorio de estudantes, á conferencia non faltaron doutores como Pena Guitián ou representantes da cúpula directiva do Hospital Clínico A Rosaleda, con Rafael Silva á cabeza. Tamén se contou.cunha nutrida representación da sociedade galega que se puido achegar onte á noite até o Hostal dos Reis Católicos. Estiveron presentes cargos como o alcalde de Santiago, Sánchez Bugallo; o conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez; a secretaria xeral de Turismo, Carmen Pardo; Nava Castro, directora xeral de Comercio; o director xeral de Conservación dá Natureza, Ricardo García Borregón; o conselleiro do Consello de Contas, Xesús Palmou; ou Carlos Fernández, presidente da Fegamp e alcalde de Ames. Así mesmo, a inauguración do curso da Fundación A Rosaleda contou coa presenza do vicerreitor da USC Mayán Santos e decanos como Fraga Bermúdez e María Teresa Cancelo.

0 comentários :
Danos a túa opinión