A esmorga en cómic

Redacción

A anunciada adaptación a banda deseñada de A esmorga de Eduardo Blanco Amor, xa está na rúa. A editorial Difusora de Ideas presentaba esta mañá a obra, que se integra no volume que realizou con ocasión dos 50 anos da novela e que inclúe outros contidos arredor deste autor. A versión en cómic consta de 25 páxinas en formato cadrado, e fai unha adaptación das situacións e personaxes do texto a finais dos século XX. O debuxo correu a cargo de Jaime Izaguirre, sobre un guión de Carlos Rafael.

3 de nov. de 2009

0 comentários :

Danos a túa opinión