XIX Festival de Jazz de Lugo

Redacción

Lugo volve un ano máis converterse na capital do Jazz. Diversos espazos da capital lucense converteranse do 9 ao 14 de novembro no punto de encontro para creadores, intérpretes e amantes deste xénero musical. O Centro Sociocultural Fundación Caixa Galicia en Lugo acollerá tres dos concertos desta XIX edición do Festival de Jazz de Lugo. Achégate para gozar da música, das harmonías, do ambiente que nos traen Christian Howes & Federico Lechner, Germán Díaz ou o Roy Hargrove Quintet, entre outros.

Esta actividade é posible grazas á colaboración entre a Asociación Amigos do Jazz – Escobijazz e a Fundación Caixa Galicia. Os concertos estarán repartidos en tres escenarios, os de maior volume de espectadores poderán escoitarse no Círculo das Artes; os acústicos na Fundación Caixa Galicia, e os de pequeno formato irán ao clube Clavicémbalo. Ademáis haberá concertos didácticos nas mañás dos días 10, 11 e 12 no Círculo das Artes.

Pica aquí para ver a programación

2 de nov. de 2009

0 comentários :

Danos a túa opinión