Moncho Paz
Os estrategas do PP presumen con frecuencia de ser quen mellor coñecen socioloxicamente este país. De feito, son especialistas en crear mensaxes que converten en realidades (virtuais) pola fórmula da reiteración. A vella técnica dos propagandistas. Porén, os creadores desas mensaxes “simples, pero claras, que é o que gosta de escoitar a xente”, segundo recoñecía recentemente un dirixente popular, están preocupados nestes intres pola dimensión que está acadando o problema lingüístico que eles mesmos elevaron a primeira liña de actualidade. O asunto fóiselle das mans.
Tras a manifestación de outubro en Compostela, o vindeiro sábado recollerán a testemuña os promotores da plataforma “Galego, patrimonio da humanidade”. Será no Teatro Principal de Santiago, onde asistirán representantes de todos os sectores da sociedade civil para lembrarlle á Xunta –cunha única voz– o pouco siso dese discurso simplista e baleiro de contido. A fronteira entre realidade e ficción é feble e, moitas veces, fácil de atravesar. En vésperas de que a Secretaría Xeral de Política Lingüística dea a coñecer o borrador do seu decreto sobre o galego, escóitase no ar a indignación de boa parte da cidadanía cando se tocan temas tan sensibles como a lingua e a identidade. Chegou o momento... da rebelión cívica.

0 comentários :
Danos a túa opinión