Redacción. -
O poemario Mapa da xeografía emocional, do vilalbés Martiño Maseda, acada o primeiro premio no VII Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, que organiza o concello de Mondoñedo coa colaboración da Deputación de Lugo.
Esta edicións destacou polo alto índice de participación, chegándose a recibir preto de 100 orixinais.
O xurado desta edición estivo composto por Aurea Ramil, Chema Felpeto e Armando Requeixo, que decidiron outorgar o segundo premio á obra titulada 1(14)1 da que é autor, Alberte Momán de Ferrol, mentres que Xurxo Alonso acadou o terceiro premio, coa obra presentada baixo o rótulo Documentos do escribente.
A entrega do premio terá lugar este sábado, dia 17 de novembro, a partires das 12.00 h. na Casa do Concello.
Said
Un premio máis ca merecido, para un poeta referente na Terra Chá