Despois da manifestación histórica do 18 de Outubro, organizada polo colectivo transpartidario ou transversal Queremos Galego, a plataforma Galego Patrimonio da Humanidade-Iniciativa polo Galego, igualmente transversal, vai reunir o 14 de Novembro no Teatro Principal de Santiago a representantes de todos os sectores cívicos de Galicia. Trátase de manter e incrementar o noso nivel de defensa do idioma e levar a democracia plena ao proceso de restauración alí onde circunstancias complexas e a vontade de segundo que poderes foron debilitando ao noso país no seu idioma, base fundamental da súa dignidade colectiva, da súa economía e do seu futuro. A reunión desa xente central na sociedade civil propiciará novos intercambios de ideas, novos puntos de vista e un novo avance nun proceso que vai ser imparable e continuo até a plena recuperación da nosa lingua e de todo o que iso significa. Alí estarei.
0 comentários :
Danos a túa opinión