Reportaxe fotográfica: "Chairego de Honra"

Redacción

Picando na imaxe poden acceder á reportaxe fotográfica do acto de onte, 7 de novembro, no que se nomeou a Isaac Díaz Pardo Chairego de Honra, de mans da Asociación Xermolos de Guitiriz e a Fundación Manuel María.

O acto comezou ás 12 da mañá na capela de San Alberte, en Guitiriz, cunha mesa redonda na que participaron Martiño Noriega, Andrés Varela, Ramón Villares, Carme Blanco, Felipe Senén e Xosé Ramón Fandiño. De seguido, celebrouse unha actuación musical a cargo de Mini e Mero e do gaiteiro Raúl Galego. Os actos remataron cun xantar de irmandade no Restaurante "A Casilla".

8 de nov. de 2009

0 comentários :

Danos a túa opinión