A exposición de Dora García (Valladolid, 1965)poderá visitarse dende o 8 de outubro ata o 31 de xaneiro do vindeiro ano no CGAC. A mostra busca aquelo que interpela cada individuo, optando baixo formas radicalmente conceptuais, accesibles e elegantes. A mostra, comisariada por Eva González-Sancho, busca aquelo que interpela cada individuo, optando baixo formas radicalmente conceptuais, accesibles e elegantes, por emitir mensaxes singularmente codificadas ou superpoñer narrativas á realidade que susciten unha relación específica con cada un dos visitantes.
As obras de Dora García fan así claramente fincapé na comunicación entre o artista e o seu público: a arte xa non representa o mundo senón que se converte en produtora de realidades, a miúdo ao límite da ficción, animándonos a experimentar co sentido unidireccional do cotiá e analizando as pautas sociais de conduta.
A mostra inaugurada o pasado 8 de outubro presenta sete obras - das que catro foron integramente producidas polo CGAC - que nunca alcanzan a condensarse nunha forma definitiva e das que non nos é posible predicir cal será a súa forma definitiva. As pezas aquí mostradas parecen estar confabuladas para "enlear" o museo e o público ante o que se presentan nese eterno "devir", "transformación" ou, se se quere, "ficcionalización". Todas elas parecen pretender converter o aquí e o agora nunha serie infinita de posibilidades.
A exposición comeza con frases escrita sobre os muros das salas con pan de ouro, esta oracións forman parte dunha colección que a artista empezou a constituír en 2001, entre as que destacan Una buena pregunta debe evitar a toda costa una respuesta (2002), La realidad es una ilusión muy persistente (2005) ou El futuro debe de ser peligroso, (2005).
Moitos dos seus traballos parecen seguir sempre unha mesma estrutura: algo disparatado é proposto á realidade: un libro impreso á inversa (Fahrenheit 451) ; un libro que pide ser roubado (Steal This book) ; un observador que crea un duplicado do real (Instant Narrative); un personaxe de ficción que conversa cun crítico de arte (Where do characters go when the story is over?). E a realidade acepta esas incongruencias facendo que a autora das mesmas perda todo control sobre elas. A proposta, iso é todo o que alcanza a controlar o autor.
Noutra parte da exposición preséntase a obra The Beggar’s Things, (2007), unha escultura formada polo conxunto de obxectos xerado pola performance de tres meses de duración "The Beggar's Opera". Parte deste traballo foi producido por e para o CGAC, onde personaxes saídos da obra de Dora García entaboan conversación con persoas reais.
Onde van os personaxes cando remata a novela? é pois un entramado de contradicións, de xogos e de desplantes; unha serie de propostas imposibles que incitan a modificar a conduta do espectador. Según a artista vallisoletana "a obra de arte no ten por vocación ser comprensible nin explicarnos nada senón máis ben revelarnos algo sobre nós mesmos".

0 comentários :
Danos a túa opinión