Certame de relatos "A túa historia é a nosa historia"

Redacción

Este certame é unha homenaxe a todos os e as militantes do Partido Socialista co que a Fundación Jaime Vera tenta recuperar os testemuños -nuns casos esquecidos e noutros moitos calados- de todos os compañeiros e compañeiras que loitaron e loitan polos ideais socialistas. Con este certame preténdese dar voz e luz a aquelas experiencias vividas nunha España republicana, nunha España en guerra e nunha España baixo a ditadura franquista. Tamén na transición e na etapa democrática.

Historias prohibidas, historias reprimidas, historias caladas, historias descoñecidas. Experiencias dos que non foron protagonistas da Historia, pero que co seu sacrificio serviron de exemplo para todos os que aprendemos deles e elas o compromiso co ideal da liberdade e o respecto cara a unhas ideas que rexeron ou rexen as súas vidas.

Máis información na web da Fundación Jaime Vera

1 de dec. de 2009

0 comentários :

Danos a túa opinión