Dúo Martins, Uxía e Pedro Braga o sábado en Compostela

Redacción

En Compostela, n'O Pichel, no baixo da Rúa de Santa Clara, 21, terá lugar este sábado un espectáculo musical a cargo do Duo Martins, formado polo saxofonista e flautista Marcelo Martins e o cantante e guitarrista Fred Martins, que estará acompañado pola cantante galega Uxía e o guitarrista brasileiro Pedro Braga. Naturais de Niterói, Rio de Janeiro, os dous músicos alíñanse co mellor da moderna canción popular brasileira. Neste concerto presentarán composicións propias e revisarán clásicos de Tom Jobim, Chico Buarque e Nelson Cavaquinho.

4 de dec. de 2009

0 comentários :

Danos a túa opinión