A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, presentou hoxe as xornadas de música tradicional que está a organizar para os vindeiros días 9 e13 de Decembro en Mondoñedo. Á presentación das xornadas, que tivo lugar na Casa do Concello de Mondoñedo, asistiron o delegado da Área de Cultura da Deputación, Antonio Veiga, o alcalde de Mondoñedo, Orlando González e Mónica Fernández, coordinadora da Tradescola.
Estas xornadas, que se iniciarán o mércores día 9 a partir das 11h. na Casa da Xuventude de Mondoñedo cun concerto didáctico adicado a escolares e continuarán o día 13 co curso de gaita, estarán guiadas por dous profesores da Tradescola, Bruno Villamor e Emilio Mesias, dous mestres de reconocido prestixio no eido da música tradicional.
A Tradescola ten como obxectivo ofrecer formación a todas as persoas interesadas na música tradicional e poder colaborar con asociacións de toda a provincia, a través da realización de actividades relacionadas co ensino da música e baile tradicionais. A actividade da escola, aínda que centrada en Lugo, trasládase así, a través de diversas accións formativas, ás distintas comarcas da provincia.
Para recibir máis información ou para facer as inscricións poden chamar ao teléfono 982229966 ou enviar un mail a tradescola@gaiteirosgalegos.com

Said
Norabao á Asociación de Gaiteiros Galegos por esta iniciativa e á área de cultura da Deputación por apoiala.