Ao pe do lar. Memorias da cociña

Redacción

A cociña como espazo doméstico de elaboración de alimentos e como un lugar central da cultura galega centra a exposición "Ao pe do lar. Memorias da cociña" que se pode ver no Museo do Pobo Galego do 5 de febreiro ao 7 de marzo. O fío condutor desta viaxe temporal serán os retratos de interiores domésticos de toda Galicia, realizados polas fotógrafas Maribel Ruiz de Erenchun e Soledad Felloza.

Os visitantes poderán apreciar a diversidade xeográfica e temporal das antigas cociñas aínda en uso, que son retratadas cos seus propietarios, porque nelas se conformou a gastronomía galega que hoxe coñecemos. E ao carón destes retratos documentais, os visitantes poderán explorar as achegas culinarias e alimentarias de cada época, ata conformar o que hoxe coñecemos como gastronomía galega. Vídeo, audio, recreacións 3D únense para contar esta historia. Estas son algunhas das imaxes que poderás atopar nesta exposición.

3 de feb. de 2010

0 comentários :

Danos a túa opinión