Antón Moreda Rodríguez, personaxe histórico do galeguismo, finou hoxe aos 75 anos de idade. Nado en Reinante, no Concello de Barreiros, emigrou de novo a Bos Aires, onde comezou a súa xeira política. No ano 1953 participa na fundación das Mocedades Galeguistas, das que chegará a ser secretario xeral, xunto con Vidal Pérez Graña, Neira Vilas, Carlos e Tito Abraira, Pilara Jeremias e outros mozos que se consideraban herdeiros da Federación das Mocidades Galeguistas disoltas ao estalar a Guerra Civil. Asistiu ao I Congreso Galego da Emigración celebrado en 1956, onde traba amizade, entre outros históricos do galeguismo, con Elixio Rodríguez, Carlos Velo, Emilio Pita, Álvarez Gallego ou Xosé Velo.
Retornado á Terra, a comezos dos anos 60, traballou como comercial da nacente Editorial Galaxia, actividade que aproveitou para contactar cos restos dispersos do galeguismo, ademáis de xente nova, participando activamente na "Operación pomba mensaxeira", que dará lugar á creación, en 1962, do Consello da Mocidade, xerme do moderno nacionalismo de esquerdas, e do que foi secretario xeral.
Afastado da organización polo sector antimarxista do galeguismo, ao carón de adversas circunstancias familiares, foi internado do Psiquiátrico de Castro Ribeiras de Lea, onde viviu o resto da súa vida e onde, por riba das terríbeis circunstancias asistenciais do centro, deu mostras dunha rexa vitalidade persoal. Alí fundou a revista Falemos, predecesora de Gaiola Aberta, voceiro da Asociación Gaiola, formada por internos e coidadores do psiquiátrico.
Non foi até os anos 90 que a súa figura foi reivindicada. Margarita Ledo Andión publica a novela Porta Blindada (Xerais, 1990), na que narra con mestría o devir de Moreda no seu internamento. As Brigadas en Defensa do Patrimonio Chairego, pola súa banda, reivindicaron a súa figura no libro de homenaxe Antón Moreda, a loita dun galeguista (Lugo, 2000)
Era afiliado do Partido Galeguista e recibiu a isignia de ouro desta formación política. O funeral celebraráse este venres ás 16:00 horas na localidade de San Cosme de Barreiros.
- Nesta ligazón pódese ver unha reportaxe realizada por Vieiros en maio de 2008.
- Foto: P. Naseiro/AVV

Said
A historia de Antón Moreda é a dun home forte no medio da adversidade que lle tocou vivir. Que a Terra acolla con agarimo a quen tanto a amou.
Said
Antón Moreda o home que viveu en desgraza por mor da súa definición política, que tanta ledicia lle reportou en tanto que amaba a Cultura Galega.
Que os deuses o acollan como él acolleu a Cultura Galega.