O garzonazo

Bruno Marcos

A saída da neta de Negrín está a altura da laretada xudicial á que asistimos. Argumenta que os xuíces do Tribunal Supremo que pretenden sancionar a Garzón deberían ser apartados do proceso porque, ao comezo das súas correspondentes carreiras xudiciais, xuraron lealdade ao Caudillo.

Quizais o xuízo -sequera simbólico- ao franquismo non acaba de ter lugar porque todo o mundo en España ten un substrato incosnciente de complicidade sen darnos conta de que se asasinou, encarcerouse, expulsouse e reprimiu toda posibilidade de reacción ao longo de catro décadas. Nesa situación todo ser vivente, é dicir, todo aquel que non fose un exiliado, un preso ou un morto tería que ser algo franquista.

Pero o que non rematamos de ver, en parte tamén polas idealizacións e omisións da esquerda, son os compoñentes que esa guerra tivo de xenocidio e, seguramnete, nas dúas partes.

Quenes puidemos ler no seu momento o famoso auto do xuíz Garzón comprendemos precisamente iso, que aqueles paseos, aquelas sacas, aquela extrema e acelerada aplicación da lei de fugas non eran desmáns de incontrolados senón unha estratexia de terror e exterminio perfectamente organizada por dous estados en cernes, o fascista e o comunista. No auto quedaba comprobada documentalmente a urxencia dese xenocidio a fin de manter controlada a zona nacional con poucos efectivos.

A diferenza que existe na actualidade respecto dos crimes dunha parte e outra é a de que os da zona nacional xulgáronse, executouse ou encarcerouse a todos os autores que foron apresados, deuse boa sepultura a toda vítima que se puido, e concedéronse pensións e honras.

É o xenocidio o que non debe prescribir en ningún lugar do mundo. Si entendemos a causa de Garzón contra o franquismo nestes termos de xenocidio porlle as mínimas trabas como pretende o Tribunal Supremo podería equipararse á negación do holocausto xudeu.

19 de feb. de 2010

3 comentários :

  • Sr Marcos, coido que as diferencias entre os crimes dun bando e outro non son so que un dos bandos pagou con creces as tropelias cometidas. A diferencia esencial entre un bando e outro estriba en que mentres a maior parte dos crimes cometidos na zona republicana (sacas, paseos, etc) foron cometidos a espaldas da legalidade vixente (non foron ordeadas polo goberno) na zona "nacional" os crimes foron alentados dende a cupula dirixente, durante e despois da guerra.Por outra parte, pareceme moi ignorante chamarlle a Republica "estado comunista en cernes". E o argumento que usan certos revisionistas para xustificar o franquismo; malia que os comunistas tiñan moito poder na zona republicana (debido entre outras cousas a sua capacidade organizativa e o apoio de Stalin), a Republica seguia sendo un estado democratico, como asi o expresan claramente os famosos "13 puntos de Negrin". Sen dubida, de gañar o bando DEMOCRATICO a guerra civil, as cousas serian ben diferentes hoxe en dia, e non haberia necesidade de Leis de Memoria Historica nin padeceriamos uns xuices tan politizados como os que temos.

    19 de febreiro de 2010, 22:50

  • Ben escrito anónimo 1

    20 de febreiro de 2010, 13:17

  • Hai cousas coas que non estou de acordo. Certo é que calquera salvaxada que se cometa non ten ideoloxía. É sempre un crime. A diferenza entre os crimes duns e outros estriba en que os dos repúblicanos non só foron duramente castigados, senon represaliados e aldraxados até a extenuación. Logo, o estado franquista converteuse nun estado terrorista, xa que ata 1947 perpetrou algo máis de 100.000 asasinatos, moitos dos cales tales como o ministro socialista Julián Zugazagoitia ou do presidente da Generalitat, Lluis Companys, foron auspiciados polo réxime fascista español en colaboración coa tristemente famosa GESTAPO. Tamén, e como sinala o anónimo anterior, non se lle pode chamar estado comunista á República. O seu presidente, Manuel Azaña, era un home do centro esquerda, mentres que Juan Negrín foi militante socialista. Este último propuxo un plan de paz para rematar coa barbarie, mentres que Azaña apelou a fraternidade entre os cidadáns do Estado español. Para concluír, o lamentable de todo isto é que ises 100.000 asasinatos, periodo de Posguerra, quedaran na máis absolut impunidade. Desgraciadamente, agora xa é demasiado tarde. A lei de amnistía de 1977 foi unha lei de punto e final, algo que unicamente ocurriu no Estado español. En Alemaña houbo tribunais de desnacificación, mentres que en Arxentina e Chile estase a investigar o sucedido nas súas ditaduras. Unha cousa é o perdón e outra moi distinta, a impunidade.

    XAN DO MUÍÑO.

    22 de febreiro de 2010, 18:08

Danos a túa opinión