A Fundación A Rosaleda e Caixanova organizaron unha nova sesión do ciclo Aula Aberta que tivo como orador ao vicealmirante Santiago Bolíbar Piñeiro, almirante xefe do Arsenal de Ferrol. O invitado impartiu unha conferencia titulada "A Armada: historia e realidade" que foi presentada polo presidente da Fundación, Xerardo Fernández Albor e que tivo lugar na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos de Santiago.
Durante a conferencia, Santiago Bolíbar repasou a historia da Armada centrándose nas curiosidades e desmentindo moitos dos tópicos existentes. Comezou expondo a evolución dos buques segundo a súa área de actuación, mediterránea ou atlántica, e lembrou o papel que Galicia tivo na orixe da Armada citando o papel do bispo Xelmírez, fundador da Mariña de Castela. Así mesmo, resaltou a importancia desta comunidade autónoma no presente, xa que continúa sendo unha gran fonte de recursos para a Armada.
A última parte da conferencia tratou sobre o presente e futuro da Armada, detallando o porqué da súa nova organización, as misións que se lle encomendan e os medios cos que conta e as súas formas de actuación. Así, sinalou que "hoxe hai máis de tres mil mariños despregados en operacións tan variadas como o apoio ao CSIC, representación e adestramento de alumnos, contra a pirataría en Somalia ou a achega de axuda humanitaria ao pobo de Haití".
O vicealmirante Santiago Piñeiro Bolíbar naceu en Pontevedra en 1950. En 1975 obtivo o despacho de alférez de navío na Escola Naval Militar sendo destinado nas fragatas "Andalucía" e "Vicente Yánez Pinzón" e no destrutor "Méndez Núñez". Ascendeu a tenente de navío en 1978 destacando, entre outros, os seus destinos nas fragatas "Baleares" e "Cataluña," e foi comandante de brigada e profesor na Escola Naval Militar. Ascendeu a capitán de corveta en 1988 desempeñando destinos no Estado Maior da Frota e Flotilla de Aeronaves. En 1995 pasou a ser capitán de fragata e en 2001 capitán de navío exercendo destino de secretario do Estado Maior da Armada.
En 2005 foi nomeado contraalmirante e destinado como xefe da División de Sistemas de Información e do Grupo de Unidades de Proxección da Frota. En maio de 2008 foi promovido a vicealmirante e nomeado almirante xefe do Arsenal de Ferrol, cargo que desempeña actualmente. En canto a mandos de buques e de Forza, exerceu de tenente de navío no remolcador de altura Mahón (1986/1987), de capitán de corveta da nave histórica Santa María e o mando da flotilla desta nave e as dúas carabelas na celebración do V Centenario do Descubrimento.
Tamén mandou o patrulleiro de altura "Chilreu", a fragata "Baleares" e o buque escola "Juan Sebastián de Elcano". Realizou diversos cursos, destacando o de Guerra Naval e o de Defensa da OTAN. Está en posesión de quince condecoracións militares españolas e estranxeiras.

Said
Un almirante? A armada historia e realidade? Isto é o ABC ou A Voz de Vilalba? Para cando un bon artigo sobre su majestad El-Rey?
Said
Anónimo un: como lector deste xornal penso que nun medio plural toda pluralidade é posible. Por outra banda, hai tempo, por se alguén aínda nono sabe, que o exército deixou de ser antidemocrático. Non penso que haxa nada malo en reflexar todo tipo de novas ou opinións, así é como se construe a Paz e a Democracia. Penso.
Said
Coido que ten razón anónimo 2.
De todos xeitos estos actos son como son e onde son.O público congregado o foi onde o foi, vamos que foi un acto de elite e non da cidadanía.
Observese quen o apadriñou e "onde".
Viva a Democrácia para todos.
FENDETESTAS