
Redacción
Mañá sábado, 13 de marzo, a partir das 13 horas no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra celebrarase a homenaxe a Agustín Fernández Paz que lle tributa o Salón do Libro de Pontevedra. Durante todo o Salón estivo instalada unha exposición que percorre a traxectoria autoral de Agustín durante dúas décadas e recrea o ambiente dalgunha das súa sobras máis significativas.
No acto de homenaxe intervirán o escritor Xabier Puente DoCampo e os músicos Mini e Mero. Dende A Voz de Vilalba animamos a todos os amigos e amigas de Agustín Fernández Paz a acudir mañá a Pontevedra para manifestarlle a nosa admiración e agradecemento polo conxunto da súa obra.
0 comentários :
Danos a túa opinión