Mobilización xeral contra o decreto do galego


Redacción

A Plataforma cidadá Queremos Galego convoca a toda a sociedade a unha mobilización xeral contra o retroceso de anos que significara para a nosa lingua propia, o proxecto de decreto contra o galego presentado ás agachadas na mañá do sábado 13 de marzo.

Arestora, están confirmadas concentracións comarcais para o serán deste luns 15 de marzo nos seguintes lugares:

- Santiago de Compostela: ás 20 horas na Praza do Toural
- Vigo: ás 20 horas na Rúa do Príncipe (diante do MARCO)
- A Coruña: ás 20 horas na Praza de Pontevedra (diante do Instituto)
- Ourense: ás 20 horas na Avenida da Habana (diante do edificio administrativo da Xunta)
- Lugo: ás 20 horas na Rolda da Muralla (diante do edificio administrativo da Xunta)
- Pontevedra: ás 20 horas na Praza da Peregrina
- Ferrol: ás 20 horas na Praza de España (diante do edificio administrativo da Xunta)
- Vilagarcía de Arousa: ás 20 horas na Praza de Galicia
- Noia: ás 20 horas diante do Concello
- A Pobra do Caramiñal (para toda a Barbanza): ás 20.30 no Cantón da Leña
- Foz: ás 20 horas diante do Concello
- Carballo: ás 20 horas diante do Concello
- A Estrada: ás 20 horas na Praza do Concello

Nas vindeiras horas pode ser que se vaian confirmando máis concentracións en outros puntos do país. Para máis información, pódese consultar a páxina www.queremosgalego.org

15 de mar. de 2010

0 comentários :

Danos a túa opinión