Mañá martes 22 de xuño, a partir das 9´30 h. e en sesións de mañá e tarde, a Biblioteca do CCG acollerá o terceiro dos cinco Foros de Reflexión Estratéxica sobre a Cultura Galega. O tema a debatir será CULTURA E MERCADO.
Coordinará o profesor Francisco Campos e presentarán relatorios-marco Victoria Ateca e Pau Rausell. Cuestións a considerar serán:
Coordinará o profesor Francisco Campos e presentarán relatorios-marco Victoria Ateca e Pau Rausell. Cuestións a considerar serán:
- Relevancia económica do sector cultural. Políticas de promoción e consolidación das industrias culturais: financiamento, fiscalidade, axudas e fomento da iniciativa empresarial.
- Estratexias públicas e privadas de promoción da demanda cultural, ampliación de públicos e mercados; a centralidade do consumidor e o usuario cultural.
- Cultura como factor de desenvolvemento, e como investimento estratéxico para outros campos: turismo, entretemento, valorización do territorio.
- A cultura na economía do coñecemento: sector cultural como fornecedor de contidos, creatividade cultural e innovación, o capital cultural.
0 comentários :
Danos a túa opinión