A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) vai celebrar o vindeiro 15 de xullo un cortexo cívico e reivindicativo en lembranza do traslado dos restos mortais de Rosalía de Castro, que tivo lugar o 25 de maio de 1891, e para que se garanta o acceso ao Panteón dos Galegos Ilustres. Organizado pola AELG, o acto conta co apoio e colaboración de máis de 160 entidades e colectivos culturais de todo o país (a relación delas enviase en arquivo adxunto).
Un tren, identificado como Follas Novas, partirá da estación da Matanza, ao carón da casa de Rosalía, o xoves día 15 de xullo ás 16,30 horas, para facer o traxecto Padrón-Compostela. Previamente, haberá unha concentración na colexiata de Santa María de Iria, no cemiterio de Adina, onde o presidente da AELG, Cesáreo Sánchez, informará do sentido dos actos, á vez que se lerá un poema de Rosalía de Castro.
Na estación de Compostela agardará a comitiva restante, actuando a banda municipal. Xa en Santiago, o cortexo sairá pola rúa do Hórreo cara a Praza do Toural, primeira parada da comitiva, onde haberá unha lectura de tres poemas de Cantares Gallegos (“A gaita gallega”, “Castellanos de Castilla” e “Eu cantar, cantar, cantei”), para continuar pola Praza da Universidade e pola Praza de Cervantes, onde se lerán outros poemas de Rosalía.
Finalmente, en San Domingos de Bonaval celebrarase unha audición do Ángelus, de Massenet, e unha lectura de poemas de Follas Novas, intercalando actuacións do diversos grupos musicais e artistas participantes, para rematar o acto coa lectura dun comunicado reivindicativo da figura de Rosalía de Castro, cando se cumpren 125 anos da súa morte, e para que se garanta o acceso ao Panteón dos Galegos Ilustres, unha vez coñecida a intención do Arcebispado de Santiago de Compostela de pechar as súas portas, despois dun litixio que lle outorga a titularidade do panteón á Igrexa

0 comentários :
Danos a túa opinión