Do 7 ao 10 de xullo na Sede Fundación Caixa Galicia da Coruña celebrarase Mundos Dixitais 2010, un dos maiores encontros de animación europeos. Trátase dun ciclo de conferencias da flor e nata da animación coma Sebastian Sylwan, creador do mundo virtual de Avatar; ou do Festival de Animación que este ano conta con 8 finalistas de excepción.
Este 2010, o festival presenta ademáis novidades coma o apartado Formación, onde se pode obter información sobre o programa de estudos dos centros nacionais de animación máis sobresaíntes, ou descubrir unha nova fórmula para exhibir as calidades dos participantes no sector, co apartado Recrutamento.
A programación de Mundos Dixitais 2010 vai ser interesante para quen queira pórse ao día en efectos especiais, videoxogos ou arquitectura dixital da man dos mellores especialistas internacionais.
Información e inscripción aquí.

0 comentários :
Danos a túa opinión