Redacción
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, o Concello da Coruña e a Fundación Luis Seoane organiza unha xornada sobre a figura de Luis Seoane e o seu papel na comunicación baixo o título: O artista da comunicación: O labor xornalístico de Luís Seoane.
A xornada, destinada a xornalistas, profesionais da comunicación, estudantes de xornalismo e público en xeral, vai ter lugar o vindeiro 15 de Outubro na Fundación Luis Seoane da Coruña (San Francisco, s/n).
A xornada vai ser inaugurada ás 9:30 da mañá coa presenza de Francisco López Rodríguez, Director Xeral de Promoción e Difusión da Cultura da Xunta de Galicia; María Xosé Bravo, Concelleira de Cultura do Concello da Coruña; Alberto Ruiz de Samaniego, director da Fundación Luis Seoane, e Xosé Manuel Pereiro, decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
A continuación, van dar comezo as distintas comunicacións sobre o labor xornalístico de Seoane, para o que o Colexio de Xornalistas vai reunir a numerosos estudosos desta faceta do autor, como María Antonia Pérez Rodríguez, Xesús Alonso Montero, Jesús J. Blanco Rosas, Lino Braxe ou Luís Álvarez Pousa. A xornada tratará, ademais, das conexións entre a comunicación e outros labores do galeguista, como a edición (da que tratarán Xosé Ramón Fandiño ou Gloria López) e os traballos gráficos en revistas (tema da conferencia de Fernando Martínez Vilanova).
Luís Seoane preséntasenos, aínda hoxe, como unha das figuras máis plurais e valiosas da cultura galega. Ás súas facetas de artista e escritor, máis coñecidas, podemos engadir o seu labor como xornalista e director de numerosas publicacións, especialmente dende o exilio na Arxentina, máis tamén como articulista tras o seu regreso a Galicia. Publicacións como Galicia ou Correo Literario marcan fitos dentro da prensa galega, e tamén a historia da radio na nosa lingua garda un capítulo especial para Luís Seoane, coas emisións radiofónicas de Galicia Emigrante. Esta xornada pretende, co gallo do centenario do nacemento de Seoane, profundar un pouco máis no labor como xornalista deste polifacético intelectual galeguista.
A asistencia á xornada O artista da comunicación: O labor xornalístico de Luís Seoane e completamente gratuíta. As persoas interesadas poden inscribirse até o día 14 de Outubro enviando un mail a xornalistas@xornalistas.com.
O CPXG, entidade de dereito público creada pola lei 2/1999 do Parlamento de Galicia, suma máis de 1.100 colexiados repartidos entre as sete demarcacións coas que conta. Entre os seus obxectivos figura en lugar destacado afondar na mellora das condicións nas que os xornalistas levan a cabo o seu traballo, a defensa profesional dos seus membros e a garantía de independencia e liberdade informativa en beneficio da sociedade galega.

0 comentários :
Danos a túa opinión