Miguel Barrera.-
Na miña etapa de fariña e tafona coñecín a Marcelino, éramos veciños en Carabanchel, na parroquia de San José Obrero.
Tiven o privilexio de coñecelo no cotío da vida coma un persoeiro máis no barrio, intercambiabamos saúdos, falabamos do tempo e a miúdo intercambiabamos miradas e sorrisos vagos, compartiamos quiosco de prensa e banco na Praza de Tarifa.
Era un home simple e pequerrecho, poboado de canas e gafas prateadas, de mirada amable e sempre con un sorriso nos beizos. Insisto, tiven o privilexio de coñecelo no cotiá da vida.
Había pouco que saíra da secretaría xeral de Comisións Obreiras, había pouco que o seu nome deixara de ser espazo mediático, pero eu non podía deixar de lembralo como o persoeiro fundamental de referencia na miña fugaz simpatía comunista no Luis Vives de Pontedeume cando corrían os anos da transición.
Nesa etapa de evolución da nenez a adolescencia nun contorno hostil de inxustiza e intrasixencia, asistín as primeiras folgas (promovidas principalmente por alumnos da Coruña, Ferrol e as Pontes); a máis soada foi secundada por tódolos internos baixo a lema “QUE NO NOS PEGUE OTERO”. Nese caldo de cultivo, con Franco recen morto e iniciándose as primeiras elección democráticas o salón de actos do colexio acolleu os primeiros mitins da democracia. Eu asistín a todos, agás o de AP, que non nos deixaron, confinándonos nas pistas de fútbol para que non molestásemos (lembro como un alumno interno de Bacharelato improvisou un dos mellores mitins que oín e lembro tamén a lumieira que fixemos cos carteis de AP e de Fraga), incluso no mitin da UCD axudamos a poñer globos nas bancadas e no estrado, tamén asistín ó do PSOE, a Falanxe, etc (non houbo ningún mitin nacionalista, a súa presenza percibíase como terror en pintadas nas paredes, e así nolo facían ver). Un deses mitins foi do PC de G, onde escoitei por primeira vez o nome de Marcelino Camacho, souben dos seus anos de cadea, da súa loita sindical, da unidade dos oprimidos, da xustiza social, do mensaxe novo e liberador que supoñía para os internos do colexio.
A partir de aí coincidín e fixen amizade con afiliados das xuventudes comunistas que me falaban do heroe de Carabanchel, da moral obreira, do senso da liberdade e da democracia, do espírito da igualdade que representaba Marcelino e que eu amplificaba no meu maxín adolescente. Supuxo para min una revolución de conciencia e compromiso coa esquerda; a tona de Marcelino expendíase máis alá da deforme e mística Pasionaria ou Carrilllo (ese home do saco co que a miña tía Carme me asustaba cando non quería comer). Era sorprendente ós ollos de un rapaz de doce anos as proclamas clandestinas, o ter nas miñas mans o Manifesto Comunista (o lembro con cor acartoado e moi manoseado); hasta trouxen a Vilalba propaganda clandestinamente hasta que miña nai descubriu a conxura e, escarmentado, regaleille a Fredi Gizán o “pin” das xuventudes comunistas… ese mesmo ano retornei a Vilalba para converterme nun rapazolo máis hasta que comecei as clases particulares de Física e Química co Héctor, as matemáticas co Cascudo e as clases de Galego con Pepe Chao, pero esa é outra historia que nada ten que ver con Marcelino.

0 comentários :
Danos a túa opinión