O pasado 23 de outubro celebrouse un festival de Tae Kwon-Do en As Pontes

Redacción

A Escola de Tae Kwon-Do Moo Duk Kwan, de Vilalba, organizou dous importantes eventos o pasado 23 de Outubro en colaboración co Excmo. Concello das Pontes (A Coruña). En xornada de mañá celebrouse o primeiro encontro da liga Moo Duk Kwan, e na tarde celebrouse o Festival de Tae Kwon-Do na modalidade de técnica (infantil e adultos) e de rompementos. Foron arredor de 300 os deportistas que se deron cita en ambos os dous eventos pertencentes ás escolas Taepar (Santiago), Garrapucho (A Coruña), Kang (Ferrol), Escola Lucense (Lugo), Ventorrillo (A Coruña), Olimpia (Carballino), Tigre Branco (Valongo/Portugal), E. M. As Pontes e Moo Duk Kwan (Villalba). O principal obxectivo destas actividades era ofrecer ao comezo da tempada un evento de carácter ludico/deportivo que estaba enmarcado nun proxecto solidario para recadar fondos para a ONG "O Sorriso de Africa" que ten escolarizados a nenos en Gambia.

5 de nov. de 2010

0 comentários :

Danos a túa opinión