Desde que se desatasen as galas do ano miguelhernandiano non deixou de aparecer un asunto que, aínda que parece baladí, é repetido con insistencia. Trátase do desencontro de Miguel Hernández con Federico García Lorca. Nada se xoga a historia da literatura hispánica en desentrañar as reviravoltas desta malograda relación pero esperta a curiosidade. Seguramente o que apetece é contemplar a ruptura do monolitismo que se construíu sobre a intelectualidade antifranquista.
A idea que queda insinuada é a de que Lorca era un señorito e Hernández un pastor e que Federico non soportaba que o eclipsara.
Cítase o veto que o granadino puxo ao oriolano nunha reunión en casa de Aleixandre onde non acudiu a ler a súa obra La casa de Bernarda Alba por non velo. Obviamente non era tan idílica a relación de Miguel coa xeración do 27. Tamén rifou con Alberti e María Teresa León ao berro de "Aquí hai moita puta e moito fillo de puta" porque estes espantaban os medos da guerra con grandes festas de disfraces.
O certo é que o de Orihuela viña encarnando ese pobo que defendían e desde o pobo, cunha capacidade cegadora para apropiarse da linguaxe que non pertencera á súa clase social. Con todo habería que analizar a anécdota noutra clave. Quen saca a Hernández de ser pastor de cabras son os curas e Ramón Sijé. A burguesía intelectual acólleo e o dereitista Cossío foi o principal defensor del na prisión; con todo o seu pai, pertencente ao pobo idealizado, é quen lle prohibiu os libros e quen non foi visitalo nin unha soa vez ao cárcere antes de morrer. Cabería preguntarse por que Lorca e a súa clase social saen malparados do conflito e , con todo, o pai de Miguel Hernández e a súa clase non tanto?

0 comentários :
Danos a túa opinión