Redacción.-
Encarna Lago, xerente da Rede Museística, e Aurelia Balseiro, directora do MPLugo, presentaron a pprogramación dos catro museos xestionados pola Área de Cultura da Deputación de Lugo para conmeorar a Noite do Museos, o Día das Letras galegas e o Día Internacional dos Museos. O sábado, día 14, celebramos a Noite dos Museos , o martes, día 17, o Días das Letras Galegas, e o mércores, 18 de maio conmemoramos, o Día Internacional dos Museos. O Museo Provincial de Lugo, o Museo provincial do Mar (San Cibrao, Cervo), o Museo Etnográfico de San Paio de Narla (Xiá, Friol) e o Museo Pazo de Tor (Tor, Monforte de Lemos) súmanse a estas efémerides con actividades diversas, desde obradoiros a concertos, conferencias, teatro, visitas guiadas e visitas iluminadas nocturnas, narración oral, encontros, exposicións e proxeccións... E con moitos, moitos agasallos para os nosos visitantes.
O Comité Consultivo do ICOM, Consello Internacional de Museos, asociado á UNESCO, propón cada ano un tema que os museos poden utilizar para valorizar a súa posición no seo da sociedade, escollendo para este 2011 o lema Museo e Memoria.
Cos obxectos que conservan, os museos recadan historias e transmiten a memoria das comunidades nas cales vivimos. Estes obxectos son expresións do noso patrimonio natural e cultural. Moitos deles son fráxiles ou, ás veces, atópanse en situación de perigo, e necesitan ser conservados con moito coidado. O Día Internacional dos Museos dará a oportunidade aos seus visitantes de descubrir e redescubrir a súa memoria individual e colectiva.
Baixo o mesmo lema do Día Internacional dos Museos os museos europeos teñen na noite do día 14 de maio a Noite dos Museos, unha celebración que este ano patrocina por primeira vez o ICOM, e que propón prestar atención a temas como o coidado e acceso ás coleccións e documentos, a historia dos museo, a memoria esquecida e a relación entre a memoria, a comunidade e a identidade, incluíndo a identidade familiar. A actividade central deste celebración é o programa multimedia “A Piece of the Story” (Un pedazo de historia) para compartir unha historia fascinante ou extraordinaria sobre unha obra concreta de calquera museo.
En cada un dos museos da Rede Museística pretendemos, coas propostas que lle facemos para conmemorar estas dúas datas, animalos a achegarse ao máis próximo, ao que sinta como seu, que tire proveito das actividades e, ao tempo, que percibe que a súa memoria, a persoal e a colectiva, a cultural, a artística e a histórica, non deixarían pegada se non existise mos os museos.
Convidámolo e agardámolo; estes museos son de todos e, ao tempo, de cada un de nós. Sííntao, percíbao, lémbreo sempre; este museo é seu.
0 comentários :
Danos a túa opinión