Presentouse a web 'Letra en obras'

Redacción.-

A colectivo 'Letra en obras' presentou onte martes, con motivo do Día das Letras Galegas, a páxina web letraenobras.com, desde a que se pode descargar un libro electrónico colectivo con "17 propostas frescas" para celebrar esta efeméride.

O sitio en Internet, segundo destacaron os seus responsables, constituirá "unha xanela para a creación literaria e a promoción de novos autores".

Deste xeito, busca converterse nunha ferramenta de axuda á promoción dos escritores novos. A páxina está activa desde este luns e, ademais de colgar artigos xornalísticos, pretende alcanzar unha certa continuidade na publicación de textos que terminan ás veces condenados a podrecer nos caixóns.

O primeiro proxecto é un libro dixital con 17 relatos asinados polos novos autores Samuel L. Paris, David Pobra, Iria Ameixeiras, Brais Lamela, Elena Veiga Rilo, Andrés Carrasco, Raquel Boo Anderson, Paulo Martínez Lema, Alba Payo Froiz, Xurxo Martínez, Mónica Fernández Armesto, Brais Zas, Alberto Rodríguez Díaz, Celia Parra, Vidal, Pomba Calvo e Eva Moreda.

19 de maio de 2011

0 comentários :

Danos a túa opinión