Festival de Pardiñas

Redacción.-

O Festival de Pardiñas, Feira e Festa da Música e da Arte, chega á súa trixésimo segunda edición os vindeiros días 6 e 7 de agosto, cun cartaz no que compartirán escenario grupos de Galiza, Euskadi, Irlanda, Portugal, Madrid, New Orleans e Castela.

A xornada do sábado terá lugar a apertura da XVIII Mostra de Artesáns de instrumentos de música tradicional e a XXIII Mostra de Artesanía, ás seis da tarde. Unha hora máis tarde terá lugar a tradicional carreira popular, e a actuación do grupo de percusións BloquinHo de Xermolos. Á noite, a festa estará a cargo dos grupos Salta no Cribo, os basco-irlandeses Ruaille-Buaille, os portugueses de Terracota e No Reply.

O domingo, ás sete, Xoán X. Fernández Abella lerá o pregón desta edición do festival chairego. A conticuación, actuación de Zé Orquesa Pantasma e, á noitiña, os grupos Carapaus, Riobó, os casteláns de Xtramonio e Ulträqäns.

O Festival de Pardiñas, organizado pola Asociación Cultural Xermolos, conta coa colaboración da Comunidade de Montes de San Xoán de Lagostelle, o Concello de Guitiríz, a Deputación de Lugo, a Agadic e máis a compañía Estrella Galicia.

Máis información en: http://www.xermolos.org/

30 de xul. de 2011

0 comentários :

Danos a túa opinión