Eva Perón, O Espectáculo

Redacción.-

Despois de tres meses Cordovani e Bruno Portela retornan a Galicia e hoxe xoves día 12 de xaneiro estrean en vigo “Eva Perón, o espectáculo”, peza que tamén levarán a Madeira e Lisboa.

No ano de 1992, pasaba, entón, o Brasil polo proceso de "impeachment" a Fernando Color de Melo. Foi o tempo en que millares de brasileiros saíran para a rúa a denunciar e protestar contra o abuso e a corrupción dos políticos.

Color de Melo que conseguira o poder, a través dos trinta e cinco millóns de brasileiros que o votaran nas urnas, comprometera se a loitar contra a corrupción. Era unha personaxe teatral, un gobernante mozo rodeado sempre pola grande espectacularidade. Foi a grande farsa nun dos países mais ricos e en pleno deselvolvemento do mundo .

Cordovani non conseguiu manter se alleo aos acontecementos e decidiu producir xunto a Bruno Portela un espectáculo sobre a vida de Eva Perón que, así como Color, foi unha muller, polémica e que marcou un período político breve e contraditorio na historia da América do Sur. Percibiu que Eva era a personaxe ideal para extravasar a súa indignación por un pobo que acredita en ídolos fabricados.
A vida de Eva Perón é partillada aínda hoxe por estudosos e populares que perseguen o traxecto de Eva Duarte, meniña humilde nacida en 1919 en Los Toldos, Arxentina e, que após unha fulgurante carreira de actriz de radio e cinema, se torna Primeira Dama, compañeira e muller do Xeneral Juan Domingo Perón.

A subida e queda de Evita, as paixóns que desencadeou, a forza que transmitiu, a súa posición ao lado dos humildes (os seus “descamisados”), a loita incansábel que trabou cos poderosos, as diferenzas irreconciliábeis que a distanciaba da sociedade arxentina, a súa demarcación dos oligarcas, o case odio que verteu sobre eles, a coraxe a esconder as fraxilidades da doenza, o mundo de xoias e peles por onde arrestou a súa beleza, todo isto marcou una personaxe que acabou por exercer no seu país unha autoridade absoluta.

Amada e exaltada polos pobres, odiada polos políticos e detentores da riqueza, Eva Perón ve reforzado o seu carisma pola máscara que afibela a súa doenza que a xoga para a morte, aos 33 anos. Por detrás da súa fraxilidade, pola obstinación co que defende os seus principios, pola obsesión co que pretende resgardar a súa imaxe, polo soño co que demarca a súa pasaxe e transmite aos mais necesitados o seu amor, Evita é a face dun Peronismo que foi a grande ilusión dunha América sufrida.

A montaxe de “Eva Perón, O Espectáculo” é de grande rigor e ambición. Nela se envolveran e se envolven diversas persoas, empresas e órganos gobernamentais entusiasmados co proxecto.

Recriar o esplendor onde se moveu Eva Perón, marcado polo luxo e requinte. Así, sobre documentos da época, foran recriados 9 figurinos de alta costura para esta personaxe que constitúe un magnífico desfile de moda dos anos 40/50. Procurou se unha certa simboloxía na cor que
remite para as tonalidades entre os ocres, marróns, beixes, brancos...tonalidades dunha época dourada mas con trazos de profunda melancolía.

A iluminación remite para o sepia e reforza a unidade da cor dos figurinos.

Quarenta e cinco minutos tarda Cordovani a “transforma se” en Eva Perón. Un traballo exemplar que vai do pequeno pormenor facial, à perruca, ao requinte da maquillaxe ao xogo de corpo, à colocación da voz que se vai modificando ao correr do tempo, implacábel, do esplendor à morte.

A banda sonora, importante neste traballo, privilexia un período de contrastes entre variadas tendencias musicais, resaltando os períodos e subliñando o fervor das masas e ante vendo a anticipación da decadencia, reaccións contraditorias, sentimentos latentes mergullados no interior das personaxes.

Así, a través de Bruno Portela, xurdiu a idea de facer a nova montaxe de Eva Perón para 2011 e presentación en xullo de 2012, nos escenarios arxentinos, cando na oportunidade Evita completará 60 anos de falecemento.

Eva Perón, O Espectáculo, non procura discutir o fenómeno do Peronismo, nin as liñas dunha ideoloxía. Trata, si, da ascensión e queda de Eva Perón, independentemente dos parámetros partidarios.

O resultado é mais un mergullo na interioridade. É un confronto de emocións, é un lastro de entrega a un ideal, é a obsesión pola defensa dunha imaxe, é a fronteira entre a forza e a fraxilidade, entre a coraxe e a fraqueza.

É mais unha abordaxe ao Mito de Evita. Inquietante na asa da emoción.
Con Roberto Cordovani, Bruno Portela, e a actriz e actor galego Montse Fervenza e Javi Tosta
Teatro Arte Livre
Rúa Vázquez Varela, 19
Tel: 986 662413 e 673218410
www.citartelivre.tk

12 de xan. de 2012

0 comentários :

Danos a túa opinión