Miña naiciña

Vicente Piñeiro González.-

(No seu oitenta cumpre anos)

Se existe neste mundo unha raíña
que se mereza pór unha coroa,
esa es ti, miña nai, a nai máis boa,
a máis bela do mundo, a máis guapiña.

Agora miña nai xa estás velliña,
traballaches arreo, ás veces soa.
Para o ser máis ilustre é esta loa,
para ti este cantar, miña naiciña.

Andaches os camiños desta terra,
ás veces ás racións para manterme,
nos tempos da miseria tras da guerra.

Os teus pés, miña nai, ían inchados,
os teus brazos cansados de sosterme
e ollábasme cos teus ollos mollados.

12 de xan. de 2012

0 comentários :

Danos a túa opinión