Redacción.-
INVERSA TEATRO chega a Vigo con Kamouraska de Vanesa Sotelo.
As funcións serán o Venres 23 ás 21:30 h, Sábado 24 ás 21:30 h. e Domingo 25 ás 21 h. no Teatro Arte Livre de Vigo.
O Venres 23 despois da representación haberá unha Mesa redonda sobre o Proceso creativo e intercambio cos espectadores. Unicamente o venres 23.
Aspectos a tratar neste coloquio:
-Puntos de partida, erros-desvíos, descubertas.
-Claves para achegarse á rareza e excentricidade de Kamouraska.
-Personas-Personaxes. Visitando ás personaxes de Deusa, Jöelle e Djouki. Achegándose ás persoas-personaxes de Marta Pérez, María Caparrini e Beatriz Campos.
-Dramaturxia en Kamouraska: Orixe - Distanciamento - Apropiación - Selección - Ordenación.
-Escena e Violencia: Destapando as imposibilidades de Amar, Pertencer e Soñar.
Información Inversa Teatro: Marta Pérez: (+34) 690 084 625 / (+34) 986 771 141. inversa@inversateatro.com // www.inversateatro.com
Información e Reservas no Teatro Arte Livre : 673 218410
Prezo 10 euros
7 euros (Estudante con credencial)
A billeteira abre 45 minutos antes do inicio da función
0 comentários :
Danos a túa opinión