Nova obra de Viviana Fernández

Redacción.-

Viviana Fernández, autora vilalbesa de vocación cosmopolita e colaboradora deste medio, acaba de publicar unha nova obra despois do éxito de Taradas. Leva por título La voluptuosidad de la tristeza (Carena, 2011).

A obra
Martina sofre un embarazo psicolóxico e, como consecuencia diso, o seu prometido Ginés cancela a súa voda. A súa nai, preocupada pola opinión dos outros, recoméndalle que se vaia durante uns meses ao estranxeiro para afastala da súa contorna e finxir un aborto natural. En Luxemburgo, Martina inicia unha nova vida. Fiel e enardecida amante da nostalxia deixarase seducir pola irresistible voluptuosidade da tristeza. Tras semanas de inactividade, Martina atopa traballo nunha empresa que xestiona a venda de produtos esotéricos por Internet e a atención ao cliente de varias videntes, o que lle abre unha xanela á sórdida e peculiar vida de miles de descoñecidos grazas aos e-mails íntimos e estremecedores dos clientes. Martina vencerá a súa propia desidia e tranquilizará o seu inquietante e promiscuo imaxinario inmiscíndose na existencia dos autores deses apaixonantes correos.

A autora
Viviana Fernández García naceu en Vilalba (Lugo) en 1980. En 1998 instalouse en Madrid, onde estudou xornalismo na Universidade San Pablo CEU e tradución na Universidade Pontificia de Comillas-ICADE, na que se especializou en interpretación. Tamén obtivo o título de tradutor xurado (inglés-español). En 2006 mudouse a Haití, onde foi consultora de comunicación en UNICEF e impartiu clases de poesía española
do século XX na Universidade de Haití (L´École Normale Supérieure d´Haïti). Traballou para a Embaixada de España ante a Unión Europea, e obtivo a cualificación de mención de honra no máster en mercadotecnia dixital do IE Business School. Fundadora da empresa on-line "Lolita Blu". É autora da novela Taradas.

4 de mar. de 2012

0 comentários :

Danos a túa opinión