Novo número da revista Dot

Redacción.-

Dot saca o seu número 41. A revista Dot nace como unha necesidade de dar a coñecer o máis relevante no panorama artístico e cultural de Galicia. Unha guía útil, pero sobre todo eficaz, para os que viven aquí e os que veñen por primeira vez, cuxa intención é dar a coñecer todo o que se pode facer e onde pódese facer. Cada dous meses, preséntase, nunha tirada en papel de 17.000 exemplares distribuídos en case 1000 puntos de distribución en A Coruña, Santiago, Ourense, Pontevedra e Vigo, a grupos musicais, artistas, deseñadores de moda, ilustradores, escritores e demais mundo cultural galego. Ademais agora na súa web descubren máis e máis cousas interesantes , ademais de manter ao día información de todos os concertos, expos, etc... Tamén fan sorteos de entradas, etc.

Visita: http://www.dotgalicia.com/

5 de mar. de 2012

0 comentários :

Danos a túa opinión