Redacción.- Os 417 socios e socias da AELG xa escolleron os finalistas aos premios á
mellor obra publicada no 2011 nas modalidades de ensaio, poesía, narrativa,
tradución, teatro, blog literario, literatura infanto-xuvenil e traxectoria
xornalística. Nestes dous últimos casos tamén participan na elección os
asociados de Gálix e os membros do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. Os vilalbeses Agustín Fernñandez Paz e Ramón Chao Rego figuran entre os elixidos para competir pola mellor obra de narrativa e pola mellor traxectoria en xornalismo cultural, respectivamente.
As obras gañadoras daranse a coñecer na Cea das Letras, un dos actos máis importantes na vida da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, que terá lugar o vindeiro 5 de maio en Santiago de Compostela. Así pois, da conxunción de votos emitidos nunha primeira quenda resultaron finalistas:

Narrativa:
- Extramunde, Xavier Queipo, Xerais.
- Laura no deserto, Antón Riveiro Coello, Galaxia.
- Non hai noite tan longa, Agustín Fernández Paz, Xerais.
Ensaio:
- Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, Carlos Callón, Xerais.
- Rosalía de Castro. Estranxeira na súa patria (a persoa e a obra de onte a hoxe), Francisco Rodríguez, Asociación Socio-Pedagóxica Galega.
- Vivir, unha aventura irrepetíbel. Biografía de Mª do Carme Kruckenberg, Mercedes Queixas Zas, Galaxia.

Poesía:
- balea2, Estevo Creus, Positivas.
- Leopardo son, Pilar Pallarés, Espiral Maior.
- Todas as mulleres que fun, Andrea Nunes Brións, Corsárias.
- balea2, Estevo Creus, Positivas.
- Leopardo son, Pilar Pallarés, Espiral Maior.
- Todas as mulleres que fun, Andrea Nunes Brións, Corsárias.
Teatro:
- A función do tequila, Manuel Guede, Deputación da Coruña.
- Chegamos despois a unha terra gris, Raúl Dans, Xerais.
- Fábula galénica, Inácio Vilariño, Baía.
- A función do tequila, Manuel Guede, Deputación da Coruña.
- Chegamos despois a unha terra gris, Raúl Dans, Xerais.
- Fábula galénica, Inácio Vilariño, Baía.
Mellor traxectoria de Xornalismo Cultural
en 2011:
- Anxo Tarrío.
- Bieito Iglesias.
- Iago Martínez.
- Ramón Chao Rego.
- Santiago Jaureguizar.
- Anxo Tarrío.
- Bieito Iglesias.
- Iago Martínez.
- Ramón Chao Rego.
- Santiago Jaureguizar.
Literatura Infanto-Xuvenil:
- Fantasmas de luz, Agustín Fernández Paz, Xerais.
- Noutra dimensión, Marica Campo, Galaxia.
- O meu gato é un poeta, Fran Alonso, Xerais.
- Fantasmas de luz, Agustín Fernández Paz, Xerais.
- Noutra dimensión, Marica Campo, Galaxia.
- O meu gato é un poeta, Fran Alonso, Xerais.
Tradución:
- Os trobadores de Occitania, Darío Xohán Cabana, Edicións da Curuxa.
- Sonetos de Shakespeare, Ramón Gutiérrez Izquierdo, Xerais.
- Versos escollidos (de Wisława Szymborska), Lucía Caeiro, Positivas.
- Os trobadores de Occitania, Darío Xohán Cabana, Edicións da Curuxa.
- Sonetos de Shakespeare, Ramón Gutiérrez Izquierdo, Xerais.
- Versos escollidos (de Wisława Szymborska), Lucía Caeiro, Positivas.
Mellor Blog Literario:
- As crebas, Miro Villar.
- Caderno da crítica, Ramón Nicolás.
- Criticalia, Armando Requeixo.
- As crebas, Miro Villar.
- Caderno da crítica, Ramón Nicolás.
- Criticalia, Armando Requeixo.
Na segunda fase, xa en andamento, os asociados e asociadas decidirán as obras gañadoras. Alén destas categorías, os Premios AELG constan doutros dous galardóns outorgados pola Asemblea de Socios e Socias da AELG: o premio para a Institución que se caracterizase pola súa contribución á divulgación da literatura galega, que este ano será para os Equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino e Servizos de Normalización Lingüística dos concellos; e mais o Premio AELG 2012 Escritor Galego Universal, outorgado pola Asemblea ao escritor José Luis Sampedro, galardón que o distingue como autor que combina a excelencia literaria co compromiso ético que o converte en referente na defensa da dignidade humana; a AELG agarda contar coa súa presenza na Cea das Letras.
0 comentários :
Danos a túa opinión