Nace o xornal Sermos Galiza


Redacción.- 

O novo diario dixital e futuro semanario en papel Sermos Galiza saltou á Rede este xoves 26 de abril co obxectivo de, segundo eles mesmos din, responder ás ansias informativas desa multitude demanda “medios de comunicación propios que transmitan a conciencia de ser unha nación, de Sermos Galiza”.

Así o lembra no seu editorial publicado onte xoves, no que evoca deste xeito as palabras da presentación deste proxecto, na que os impulsores proclamaron que “hoxe unha voz rompe a falar con forza, insumisa”. “Como tantas veces noutros momentos da historia, sempre resistíndose ao silencio que insisten en imponnos”, engadían entón.

Na súa explicación, este diario dixital que sairá en papel o próximo 17 de maio, Día das Letras Galegas, tamén lembra que “a existencia e consolidación dun espazo galego de comunicación” era unha condición “necesaria para asegurar un espazo de decisión propio a camiño do pleno autogoberno”.

27 de abr. de 2012

0 comentários :

Danos a túa opinión