Festa das Artes Gráficas en Vigo



Redacción.- A Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Galicia (AEAGG) preparou este ano un completo programa de actos para celebrar a festividade de San Juan Ante Portam Latinam, patrón das artes gráficas. A cita foi hoxe no Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) e deu comezo ás 12:30 horas cunha homenaxe -que tivo lugar no salón de actos- a cinco empresas cunha dilatada experiencia no sector gráfico galego.

O acto estivo presidido por Jacobo Bermejo, presidente da AEAGG; Carlos López Font, segundo tenente de alcalde do Concello de Vigo; Santos Héctor Rodríguez, concelleiro de Participación Cidadán, Emprego e Promoción Económica; e Carlos Docampo e Eladio Durán, vicepresidente e tesoureiro da directiva da Asociación, respectivamente.

As empresas homenaxeadas pola súa longa traxectoria no sector foron:
  • Prelo, Lugo (1980)
  • Gráficas Garabal, Santiago de Compostela (1981)
  • Tórculo Artes Gráficas, Santiago de Compostela (1981)
  • Grafisant, Santiago de Compostela (1984)
  • Gráficas Ibernón, Vigo (1986)
Posteriormente, empresarios e provedores compartiron mesa no tradicional xantar de confraternidade, que terá lugar ás 14:30 h no restaurante do MARCO. A xornada festiva rematou cunha visita ao Centro Arqueolóxico Salinae. A Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Galicia agradeceu este ano de xeito especial  a colaboración das seguintes empresas e entidades, que participan no financiamento e/ou organización dos actos do Día do Patrón: Grupo Academia Postal, Galiza Verde, Hartmann, Cyan, Antalis, Inapa e ao Concello de Vigo

12 de maio de 2012

0 comentários :

Danos a túa opinión