Redacción.- A xornalista Marta Lemos Jorge foi a nova gañadora do Premio de
Xornalismo Johán Carballeira, que outorga anualmente o Concello de Bueu. O
xurado da IX edición do galardón decantouse polo traballo titulado "A historia de Ons a través de Johán
Carballeira", reportaxe publicada en Faro de Vigo o 2 de outubro de 2011.
O xurado reuniuse onte e de modo unánime inclinouse polo traballo de Marta
Lemos Jorge e valorou tanto o xénero escollido como a temática e a súa relación
co propio Johán Carballeira. "Valorouse que se trate dunha reportaxe, xénero
periodístico no que destacou Johán Carballeira, e no que enalza a situación
actual dos colonos da illa de Ons tal e como a recolleu o propio Johán
Carballeira na súa obra", reza o fallo dado a coñecer no mediodía de onte.
O
tribunal estaba presidido por Manuel Antón Mosteiro García, en representación da
Asociación Amigos de Johán Carballeira, e como vogais acudiron o gañador da
anterior edición, o xornalista Moncho Paz -editor de A Voz de Vilalba- e a escritora
Elena Gallego Abad.
0 comentários :
Danos a túa opinión