Os seráns do TAC


Redacción.-

O TAC iniciou a súa andadura en Marzo de 2010 na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela coa obra de Mauricio Kagel Eine Brise, para 111 ciclistas facendo música. Quixo reivindicar dende un principio, por un lado a cercanía que a música contemporánea pode ter para calquera tipo de público, e por outro a posibilidade de facer concertos introducindo novos elementos. En Xuño do mesmo ano colocou un piano de cola no faro de Fisterra para interpetar íntegramente a obra de Satie Vexations, 18 horas de piano ininterrumpidas. Nesta ocasión contouse coa colaboración de 27 pianistas. Paralelamente a este tipo de repertorio, abordou no CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea) un ciclo de seis concertos adicados á música de compositores galegos escritas para diversas formación de ensemble. Xa en 2011 continúa no CGAC cun ciclo de tres concertos que tratará de achegar ao público unha pequeña mostra do repertorio que se fixo fóra das nosas fronteiras dende mediados do século XX até a actualidade. Escolléronse obras de Crumb, Schnittke e Berio. En Xullo de 2011 actuaron no Festival Via Stellae có grupo Siniestro Total nun concerto conxunto donde tocaron música da formación viguesa arranxada por Javier López de Guereña para o TAC. Ao longo de 2011 organizaron na Cidade da Cultura o ciclo “Os SERÁNS do TAC” que incluían música contemporánea, humor e gastronomía. O TAC é un grupo estable, de formación aberta e ten como director artístico a Diego García Rodríguez.

CONCERTO 1 “A CONTRACORRENTE” 21 de Maio (luns)
Director: Diego García Rodríguez
Presentador: Carlos Blanco
Restaurante: Abastos 2.0 (Santiago de Compostela)
Edgard Varèse (1883-1965): Octandre
Mauricio Kagel (1931-2008): Dix Marches pour rater la Victoire
Alfred Schnitke (1934-1998): Serenade
Michael Daugherty (1954): Dead Elvis.
Fagot: Álex Salgueiro
O TAC quere abrir este 2º ciclo de Seráns cun concerto de autores que seguiron camiños moi persoais, difíciles de encadrar nas distintas correntes musicais xurdidas no transcurso das súas vidas e que deixaron unha gran pegada coa súa música, ademais de tratarse de obras cun compoñente performántico moi importante, non só para escoitar, senón tamén para ver. Entre elas, o TAC asume o reto da interpretación dunha das obras claves na creación musical de E. Varèse, Octandre, dunha modernidade radical aínda nos nosos días, pasando pola ironía e a crítica de Kagel e Schnittke ou da integración da linguaxe do "rock" na creación contemporánea de Daugherty que, ademais, traerá sorpresa.

Para máis información na web da Cidade da Cultura

18 de maio de 2012

0 comentários :

Danos a túa opinión