Redacción.- Hoxe sábado, no salón de actos da Residencia Universitaria Burgo das Nacións, en Santiago de Compostela, terán lugar as asembleas extraordinarias de Galiza co Galego e da constitución da Cooperativa de Ensino Popular “Avoaescola” (CEPA). Desenvolverase a de Galiza co Galego a partir das 17 horas, en primeira convocatoria, e ás 17,30 horas en segunda, conforme á seguinte orde do día: lectura e aprobación da acta anterior da asemblea de Galiza co Galego; informe de xestión da Comisión Reitora de Galiza co Galego; incorporación de novas persoas a Galiza co Galego; debate sobre a constitución da Cooperativa de Ensino Popular “Avoaescola”; votación de acordos de Galiza co Galego.
Sobre as 18:30 horas procederase á apertura pública da asemblea constituínte da Cooperativa de Ensino Popular “Avoaescola”, coa seguinte orde do día: lectura e aprobación dos estatutos da CEPA; asinamento da acta de constitución da CEPA; elección do primeiro Consello Reitor da CEPA; elección da presidencia, vicepresidencia e secretaría da CEPA; rogos e preguntas
Todas as persoas interesadas en participar, que aínda non sexan socias de Galiza co Galego e promotoras da CEPA, poden darse de alta no web http://www.galizacogalego.com/altagcg
0 comentários :
Danos a túa opinión