Cidade imaxinaria no Gaiás

Redacción.- Un sinfín de actividades e espectáculos relacionados co mundo do circo terán lugar no Gaiás, o 25 de agosto dende as 11:30 ata as 21:30. Divertidos espectáculos formados por unha chea de artistas que nos achegan o mundo do circo de comezos de século para os máis cativos e tamén para os mais maiores. O evento completase coa celebración de talleres creativos e obradoiros para maiores e nenos, unha ludoteca para bebés e moitas actividades mais, cheas de creatividade e imaxinación.

22 de ago. de 2012

0 comentários :

Danos a túa opinión