Redacción.-
A xa longa crise que sacude especialmente aos países do sur de Europa está a derrubar certezas acumuladas ao longo de décadas, e que formaban parte do ADN de moitas xeracións nadas e crecidas baixo o manto protector do Estado do Benestar.
É normal que non deixemos de cuestionarnos por que, se a creba é máis ben do sistema financeiro —e por extensión da economía dos mercados non regulados e as súas aventuras— quen queda ao final para pagar a conta é a inmensa maioría dunha poboación que asiste perplexa á merma de dereitos conquistados ao longo de boa parte do século XX.
O capital e o mercado repetiron durante case trinta anos que eran eles —e non a xente— quen facía a historia e a felicidade dos cidadáns. Agora hai que lembrarlles que non só a economía é mundial: a protección do medio ambiente, a axuda ao desenvolvemento, a nece-sidade de xustiza social e a preocu-pación polos Dereitos Humanos tamén son asuntos mundiais, como apunta Ignacio Ramonet.
Esta crise aínda non tocou fondo e, lamentablemente, as noticias son peores cada día. Os plans de rescate fracasan un detrás do outro, moitas veces sen chegar sequera a poñerse en marcha. Entretanto, o bombardeo diario de medidas de recurte está a provocar unha desmoralización crecente, acelera a creba econó-mica e merma a confianza das persoas nun sistema que parece non saber cara onde vai e, o que é peor, cara onde nos leva.
Por esta razón, é necesario refundar un novo sistema económico, máis xusto e máis democrático. Crear estruturas globais que antepoñan as necesidades dos cidadáns ao lucro desmesurado das entidades finan-ceiras, que respecten e promovan os Dereitos Humanos, a xustiza social e o equilibrio ambiental. En caso contrario, unha vez máis, os pobos seguirán a pagar a conta.
0 comentários :
Danos a túa opinión