Inscripción nas Xornadas de Literatura Oral

Redacción.-

Xa está aberto o prazo de matrícula para as V Xornadas de Literatura de Tradición Oral, organizadas pola Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG co patrocinio da Área de Cultura da Deputación de Lugo e a colaboración da AS-PG.
Coordinadas por Antonio Reigosa e Isidro Novo, celebraranse os días 19 e 20 de outubro baixo o lema "Os mouros e as mouras: máxicos enigmáticos da mitoloxía popular", co obxectivo e revisar os avances que as novas investigacións foron achegando sobre este amplo tema. Terán lugar no Salón de Actos da Deputación de Lugo.

Hai dous modos de inscribirse, ambos gratuítos:
1.
No caso de facer parte do profesorado do ensino non universitario e futuros/as ensinantes do ensino non universitario. Está solicitada a homologación ante a Consellaría de Educación por 10 horas, e a matrícula, que seguirá o criterio de orde de inscrición, é preferente para Socios/as da AELG e da AS-PG. A matrícula farase desde hoxe até o 16 de outubro de 2011 a través da web da AS-PG:
http://www.as-pg.com/Xestion/Curso/EncontrarCursos.do?identifierType=CURSO_ID&identifier=344
Para as persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación resérvanse 25 prazas.
2.
Para o resto das persoas a entrada é libre, e poderán solicitar antes do día 16 de outubro en oficina@aelg.org a emisión por parte da AELG dun certificado de asistencia.

Anexamos o programa, e tes máis información das Xornadas en:

http://www.aelg.org/GetActivityById.do?id=256


Obxectivos previstos:
.Identificar os seres míticos mouras e mouros como expresión simbólica singular da cultura popular galega e doutras culturas populares.
.Identificar o pouso destes seres míticos na toponimia, orografía, nos xacementos de interese arqueolóxico e, en xeral, na memoria cultural colectiva.
.Analizar o vencello da nosa mitoloxía popular coa nosa historia, nomeadamente os relatos de mouras e mouros coas manifestacións culturais das épocas prerromana e romana.
.Compresión do poder da narración oral como sistema básico e imprescindible de comunicación cultural.
.Capacitar o profesorado para comprender e transmitir os valores da nosa cultura e da nosa mitoloxía popular, así como a súa potencialidade para a educación en valores e a integración do alumnado procedente doutras culturas.

Metodoloxía que se vai empregar:
.Análise temática e simbólica das lendas de mouras e mouros: claves para a súa interpretación.
.Estudo dos tipos e subtipos destes relatos.
.Análise da función destes relatos de mouros e mouras na sociedade actual rural e urbana.
.Incentivar o traballo de campo: metodoloxías a empregar para a recompilación, arquivo e divulgación destas narracións transmitidas oralmente.

Agardamos que esta actividade sexa do teu interese.
Recibe un ben cordial saúdo, no nome do Consello Directivo da AELG e da Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG
Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente
Mercedes Queixas Zas, secretaria xeral
Antonio Reigosa, vogal de Literatura de Tradición Oral
--
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
Avda. Alfonso Molina, s/n, Edif. de Sindicatos, 8º
15008 - A Coruña
981 133 233 / 696 581 971
oficina@aelg.org
aelg.org
axendaaelg.blogaliza.org
facebook.com/aelg.org
twitter.com/#!/aelg

Horario de oficina:
Luns a xoves, de 08.30 a 14.30 e de 15.30 a 18.00; venres, de 08.30 a 14.30

17 de out. de 2012

0 comentários :

Danos a túa opinión