Letra das Festas no San Froilán

Redacción.-

A Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG organiza a segunda edición de Letra das festas, unha 'revista de literatura oral ao vivo' que sae sempre polo San Froilán.Será o vindeiro mércores, 10 de outubro, ás 19.00 no salón de actos do Círculo de las Artes de Lugo co tema "Anécdotas e sucedidos de Lugo" e coa participación de Antón Grande, Ana Carreira, Xosé Reigosa, Tareixa Campo, Xoán R. Cuba, Xulio Xiz, Xosé Miranda, Tonina Gay, Manuel Curiel, Marica Campo, Benjamín Santín, Darío X. Cabana, Marina Cillero, Fernando Arribas, Marga Portomeñe, Paco NIeto, Pilar García Negro e Paco Martín.
INTERLUDIOS MUSICAIS: Abraham Cupeiro e María Ruíz.
COORDINAN E PRESENTAN: Isidro Novo e Antonio Reigosa.

8 de out. de 2012

0 comentários :

Danos a túa opinión