Entroido 2013
Redacción.-
O tradicional desfile do Entroido vilalbés celebrouse este sábado, logo de que o Concello decidise suspendelo o pasado martes, debido á vaga de mal tempo.
O desfile contou cunha ampla participación en todas as modalidades (individual, parellas e grupos escénicos).
A comparsa gañadora do primeiro premio na modalidade de grupos escénicos, Sambalea, decidiu doar o importe á campaña de apoio ao neno Adrián Chao, xesto que foi aplaudido polo público asistente.
A continuación poden ver unha reportaxe fotográfica dos grupos participantes.
Fotos: Paulo Naseiro / AVV
0 comentários :
Danos a túa opinión