Ramón Chao.-
Filla dun mestre republicano represaliado
polo franquismo como tantos outros, nada en Corme (A Coruña), Loly
marchou aos 17 anos coa a sua irmá a Xenebra en 1968. As dúas aprenderon
francés, e Loly púxose a traballar en institucións bancarias. De ahí
salta á política da man do Partido Socilista, conseguindo un escano
de deputada.
Desde o 15 de novembro pasado excerce de presidenta do
Gran Consello do Cantón de Xenebra. É a española que màis lonxe chegou
no escalafón político helvético. “Nada menos que a primeira ciudadá da
República”, aclara con humor.
Agora gostarialle practicar a política en
España. Para iso, o seu partido tería que elaborar un proxecto de lei
para que os emigrantes españois teñamos unha representación no
parlamento. Non hai que desesperar.
0 comentários :
Danos a túa opinión