Actos dos afectados polas preferentes


Redacción.-

Despois das manifestacións realizadas nos días 16 e 19 do presente mes de Abril reivindicando a devolución total dos aforros dos veciños afectados pola venda de produtos tóxicos por parte de Nova Galicia Banco, así como a reunión semanal celebrada o xoves día 18, que cada día reúne a máis afectados da comarca, a plataforma de Afectados polas Preferentes na Terra Chá convoca a todos os interesados aos seguintes actos:
- SABADO DIA 20: Viaxe ás 7,45 da mañá dirección Vigo, con saída desde Novagalicia Banco desde a Rua da Pravia, en viaxe gratuíta, co obxectivo de participar na manifestación que se desenvolve na capital olivica solicitando a derrogación do real decreto que aprobou quítalas.

- XOVES DIA 25: Asistencia á reunión que se vai celebrar no salón de actos da Excma. Deputación de Lugo por parte do Fiscal Superior de Galicia D. Carlos Varela, con saída ás 6.00. Con motivo da asistencia dos afectados a esta charla informativa anúlase a reunión dese xoves no salón de actos da Biblioteca Municipal de Vilalba

- XOVES DIA 2 MAIO: Reunión semanal da plataforma de afectados TERRA CHA ás 20.00 no salón de actos da biblioteca municipal coa presenza de avogado Pablo Arangüena así como de Dona Ana Cedeira, responsable da plataforma de afectados da Coruña.

- VENRES DIA 3 DE MAIO: Manifestación semanal diante das oficinas de Nova Galicia Banco ás 13:15 con corte de tráfico e finalización diante do Concello de Vilalba.

19 de abr. de 2013

0 comentários :

Danos a túa opinión