Rosalía de Castro no século XXI


Redacción.-

Desde o rosalianismo contemporáneo, parece cada vez máis precisa unha lectura sistémica do conxunto da obra, en prosa e en verso, en galego e castelán. Asociado a este tema está tamén o reto da revisión da edición da obra completa e a súa lectura á luz das máis importantes fontes, como a das letras alemás do seu tempo.

Coordinador:
Anxo Angueira, profesor de Filoloxía Galega da Universidade de Vigo


PROGRAMA

10:00 horas
Para unha interpretación integral da obra rosaliana
Xesús Alonso Montero, catedrático de Literatura Galega da USC
Retrucante: Dolores Vilavedra, profesora de Literatura Galega da USC

11:30 horas
Pausa

12:00 horas
Mesa redonda
Editar Rosalía
Moderador: Anxo Angueira, profesor de Filoloxía Galega da Universidade de Vigo
Henrique Monteagudo, profesor de Filoloxía Galega da USC e coordinador da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do CCG
Aurora López, profesora de Filoloxía Latina da Universidad de Granada
Ana Rodríguez Fisher, profesora de Literatura da Universitat de Barcelona
Juan Barja, director do Círculo de Bellas Artes, Madrid

16:00 horas
Mesa redonda
O mundo editorial da época
Moderador: Andrés Pociña, profesor de Filoloxía Latina da Universidad de Granada
Xurxo Martínez González, investigador da Universidade de Vigo
Santiago Díaz Lage, profesor de Lingua Española da USC
Carmen Pérez Pais, profesora de Biblioteconomía e Documentación da Universidade da Coruña

18:30 horas
Gótico e romantismo alemán en Rosalía

Rosalía e o Volksgeist; resonancias do romanticismo alemán no contexto galego
Derek Flitter, profesor de Linguas Modernas da University of Exeter

A cuestión do gótico nas novelas de Rosalía
César Domínguez, profesor de Teoría da Literatura da USC

Inscripción aquí.

17 de abr. de 2013

0 comentários :

Danos a túa opinión