Comisión contra as Minas na Chaira


Redacción.-

A Comisión contra as Minas na Terra Chá ofreceu hoxe, 30 de maio, unha rolda de prensa para analizar a actualidade do conflito con Erimsa na Terra Chá e, de paso, enmarcar a loita chairega na oposición global que se está organizando na Galiza contra o Plan Sectorial de Actividades Extractivas e contra ducias de proxectos novos que xurdiron en todo o país e representan unha ameaza ao territorio. A rolda de prensa tivo lugar no Hostal Restaurante Terra Chá (rúa Domingo Goás 10, Vilalba) ás 12:00 horas, e nela falaron representantes das diversas organizacións que integran a Comisión contra as Minas na Terra Chá como Margarido Prieto Ledo.

30 de maio de 2013

0 comentários :

Danos a túa opinión